Culleredo - Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxa por expedición de documentos
Artigo 1. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de expedientes e documentos.
Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non tivera mediado solicitude expresa do interesado.
Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais frente ao Concello de Culleredo, así como as consultas tributarias, solicitudes de devolución de ingresos indebidos, recursos administrativos contra acordos municipais e todos aqueles que estean gravados por outra taxa municipal.
Artigo 2. Suxeito Pasivo
Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias, que soliciten, provoquen ou no interese das que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 3. Cota tributaria.
A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar de acordo coas seguintes tarifas:
Certificacións de cualificación urbanística | 85,00 € |
Expedición de Informes Técnicos ou certificacións dos mesmos | 35,00 € |
Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, relativos a accidentes de circulación | 60,00 € |
Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, excepto os relativos a accidentes de circulación | 16,50 € |
Copias de planos existentes en calquera dependencia municipal, por copia | 32,00 € |
Busca ou cotexo de documentos de ata tres ou máis anos | 32,00 € |
Tramitación de expedientes de declaración de ruína en núcleo urbano | 1.000,00 € |
Tramitación de expedientes de declaración de ruína en núcleo rural | 700,00 € |
Polo mero recoñecemento do estado dunha finca ou das condicións de seguridade de elementos de construción civil en fincas particulares (muros de cerramento, de contención, postes) | 100,00 € |
Recoñecemento de condicións de seguridade de naves e galpóns de menos de 50 m2 | 10,00 € |
Recoñecemento de condicións de seguridade de naves de mais de 50 m2 | 200,00 € |
Recoñecemento de condicións de seguridade de vivendas unifamiliares | 300,00 € |
Recoñecemento de condicións de seguridade de edificacións de vivendas, usos colectivos e outros | 300,00 € |
Por demarcación de aliñacións e rasantes (ata 10 metros) Por cada metro ou fracción que exceda dos 10 anteriores: · No solo urbano · No solo rústico | 50,00€ 10,00€ 5,00€ |
Cando para proceder á demarcación anterior houbese de procederse a unha tira de cordas as cantidades anteriores incrementaranse en | 50,00 € |
Por cada solicitude de expropiación forzosa en favor de particulares: · Ata 10 hectáreas · exceso de 10 hectáreas en diante | 0,03€/m2 0,02€/m2 |
No caso de que os terreos afectados pola expropiación estean edificados ou cultivados multiplicarase o resultado da aplicación das tarifas anteriores polo factor 1,40. Satisfarase unha cota mínima de 559,54€, no caso de que a que resulte da liquidación practicada de acordo cos apartados anteriores sexa inferior á citada cifra. | |
Bastanteo de poderes e autorizacións | 6,56 € |
Inscricións no libro do rexistro de unións non matrimoniais | 13,10 € |
Por expediente para celebración de vodas civís no Concello | 196,64 € |
Por Certificacións catastrais descritivas e gráficas referidas a un único inmoble, por documento expedido: | 12,80 € |
Cando as certificacións descritivas ou gráficas incorporen, a petición do interesado, datos doutros inmobles, a contía incrementarase (por cada inmoble) en: | 4,50 € |
Por certificacións catastrais literais, por cada documento expedido: | 4,50 € |
Incrementarase por cada un dos bens inmobles a que se refira o documento en: | 4,50 € |
Outro tipo de certificacións catastrais distintas ás anteriores: | 4,50 € |
Por cada certificación expedida polo Secretario xeral deste Concello relativa a actas cuxa data se concrete na correspondente instancia. | 4,00€ |
Se non se concretase data pero si a referencia ao derradeiro quinquenio, incrementarase por cada quinquenio atrasado | 2,00€ |
Por cada quinquenio anterior ao derradeiro incrementarase en | 2,00 € |
Por cada certificación expedida polo Secretario Xeral deste Concelle relativa a documentos cuxa data se concrete na instancia e estea referida ao derradeiro quinquenio. | 4,00€ |
Cando se concrete a data e estea comprendida no tempo anterior ao derradeiro quinquenio, incrementarase por cada quinquenio atrasado. | 0,50€ |
Se non se concretase data pero si a referencia ao derradeiro quinquenio incrementarase en | 3,00 € |
Por cada quinquenio anterior ao derradeiro incrementarase en | 1,00 € |
Certificacións do Padrón de habitantes históricos | 25,00 € |
Certificados de empadroamento | 2,00 € |
Certificacións doutros documentos non comprendidos anteriormente | 5,00 € |
Dilixencia de compulsa e cotexo de documentos (por cada folla incluída as dúas caras) | 1,00 € |
Formalización de contratos administrativos: · Cando o importe de adxudicación do contrato non exceda de 6,010,12€............................................. · Polo exceso comprendido entre 6.010,13€ e 30.050,61€...................................................................... · Polo exceso comprendido entre 30.050,62€ e 60.101,21€.................................................................... · Polo exceso comprendido entre 60.101,22€ e 152.530,30€.................................................................. · Polo exceso comprendido entre 152.530,31€ e 601.012,10€................................................................ · Polo que exceda de 601.012,11€........................................................................................................... | 50,51€ 0,38% 0,13% 0,08% 0,04% 0,02% |
Fotograma dixital en CD: - Escala 1/3000, 1/8000 o 1/15000 | 21,15€ |
Cartografía dixital: · Folla calquera escala, CD...................................................................................................................... · Folla calquera escala, papel................................................................................................................... · Colección completa de 1/500, papel ou CD........................................................................................... · Colección completa de 1/1000, papel ou CD......................................................................................... · Colección completa de 1/2000, papel ou CD......................................................................................... · Colección completa de 1/5000, papel ou CD......................................................................................... · Ortofotomapa a calquera escala............................................................................................................ · Formatos diferentes a dwg, por folla...................................................................................................... | 5,29€ 5,29€ 100,49€ 322,62€ 195,69€ 100,49€ folla+orto 1,06€ |
Artigo 4. Devengo
Devéngase a taxa cando se inicie a actuación ou expediente. No caso de solicitude expresa, entenderase iniciada a actuación ou expediente no momento da súa presentación
Artigo 5. Xestión
A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. No momento da presentación da solicitude, o suxeito pasivo deberá acreditar o pagamento da autoliquidación.
No caso de non existencia de solicitude expresa, a administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional
Disposición final
A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.