Culleredo - Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxa por expedición de documentos

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 24/12/2009 BOP Nº: 270
Aplicable dende: 01/01/2010

Artigo 1. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de expedientes e documentos.

Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non tivera mediado solicitude expresa do interesado.                                          

Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais frente ao Concello de Culleredo, así como as consultas tributarias, solicitudes de devolución de ingresos indebidos, recursos administrativos contra acordos municipais e todos aqueles que estean gravados por outra taxa municipal.

Artigo 2. Suxeito Pasivo

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias, que soliciten, provoquen ou no interese das que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 3. Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar de acordo coas seguintes tarifas:
 
Euros
Certificacións de cualificación urbanística
82,62
Expedición de informes técnicos ou certificacións dos mesmos
31,33
Expedición de informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, relativos a accidentes de circulación
58,64
Expedición de informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, excepto os relativos a accidentes de circulación
15,90
Copias de planos existentes en calquera dependencia municipal, por copia
31,33
Busca ou cotexo de documentos nos arquivos municipais de ata tres ou máis anos
31,33
Fotocopia realizada nas dependencias municipais, por unidade
0,05
Tramitación de expedientes de declaración de ruína
82,62
Validación de poderes e autorizacións
6,44
Inscricións no libro do Rexistro de unións non matrimoniais
12,87
Por expediente para celebración de vodas civís no Concello.
193,16

· Por certificacións catastrais descritivas e gráficas referidas unicamente a un inmoble, por documento expedido:

12,50€

Cando as certificacións descritivas ou gráficas incorporen, a petición do interesado, datos doutros inmobles, a contía incrementarase (por cada inmoble) en:

4,15€

· Por certificacións catastrais literais, por cada documento expedido:

4,15€

Incrementarase por cada un dos bens inmobles a que se refira o documento en:

4,15€

· Outro tipo de certificacións catastrais distintas ás anteriores:

4,15€

Artigo 4. Devengo

Devéngase a taxa cando se inicie a actuación ou expediente. No caso de solicitude expresa, entenderase iniciada a actuación ou expediente no momento da súa presentación

Artigo 5. Xestión

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. No momento da presentación da solicitude, o suxeito pasivo deberá acreditar o pagamento da autoliquidación.

No caso de non existencia de solicitude expresa, a administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional

Disposición final

A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.