Culleredo - Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxa por expedición de documentos

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 14/12/0210 BOP Nº: 236
Aplicable dende: 01/01/2011

Artigo 1. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de expedientes e documentos.

Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non tivera mediado solicitude expresa do interesado.                                          

Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais frente ao Concello de Culleredo, así como as consultas tributarias, solicitudes de devolución de ingresos indebidos, recursos administrativos contra acordos municipais e todos aqueles que estean gravados por outra taxa municipal.

Artigo 2. Suxeito Pasivo

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias, que soliciten, provoquen ou no interese das que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 3. Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar de acordo coas seguintes tarifas:

Certificacións de cualificación urbanística

84,11 €

Expedición de Informes Técnicos ou certificacións dos mesmos

31,89 €

Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, relativos a accidentes de circulación

59,70 €

Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, excepto os relativos a accidentes de circulación

16,19 €

Copias de planos existentes en calquera dependencia municipal, por copia

31,89 €

Busca ou cotexo de documentos de ata tres ou máis anos

31,89 €

Fotocopia realizada nas dependencias Municipais, por unidade

0,05 €

Tramitación de expedientes de declaración de ruína

84,11 €

Bastanteo de poderes e autorizacións

6,56 €

Inscricións no libro do rexistro de unións non matrimoniais

13,10 €

Por expediente para celebración de vodas civís no Concello

196,64 €

Por Certificacións catastrais descritivas e gráficas referidas unicamente au inmoble, por documento expedido:

12,72 €

Cando as certificacións descritivas ou gráficas incorporen, a petición do interesado, datos doutros inmobles, a contía incrementarase (por cada inmoble) en:

4,22 €

Por certificacións catastrais literais, por cada documento expedido:

4,22 €

Incrementarase por cada un dos bens inmobles a que se refira o documento en:

4,22 €

Outro tipo de certificacións catastrais distintas ás anteriores:

4,22 €

Artigo 4. Devengo

Devéngase a taxa cando se inicie a actuación ou expediente. No caso de solicitude expresa, entenderase iniciada a actuación ou expediente no momento da súa presentación

Artigo 5. Xestión

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. No momento da presentación da solicitude, o suxeito pasivo deberá acreditar o pagamento da autoliquidación.

No caso de non existencia de solicitude expresa, a administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional

Disposición final

A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.