Culleredo - Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxa por expedición de documentos
Artigo 1. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de expedientes e documentos.
Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non tivera mediado solicitude expresa do interesado.
Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais frente ao Concello de Culleredo, así como as consultas tributarias, solicitudes de devolución de ingresos indebidos, recursos administrativos contra acordos municipais e todos aqueles que estean gravados por outra taxa municipal.
Artigo 2. Suxeito Pasivo
Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias, que soliciten, provoquen ou no interese das que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 3. Cota tributaria.
Certificacións de cualificación urbanística | 85,00 € |
Expedición de Informes Técnicos ou urbanísticos , certificacións dos mesmos ou consultas telemáticas sobre temas urbanísiticos | 35,00 € |
Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, relativos a accidentes de circulación | 60,00 € |
Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, excepto os relativos a accidentes de circulación | 16,50 € |
Copias de planos existentes en calquera dependencia municipal, por copia | 10,00 € |
Tramitación de expedientes de declaración de ruína de vivendas unifamiliar | 200,00 € |
Tramitación de expedientes de declaración de ruína en vivendas non unifamiliares | 500,00 € |
Polo mero recoñecemento do estado dunha finca ou das condicións de seguridade de elementos de construción civil en fincas particulares (muros de cerramento, de contención, postes) | 100,00 € |
Recoñecemento de condicións de seguridade de vivendas unifamiliares (inspección técnica de edificacións) | 50,00 € |
Recoñecemento de condicións de seguridade de edificacións de vivendas, usos colectivos e outros, por vivenda (inspección técnica de edificacións) | 50,00 € |
Recoñecemento de condicións de seguridade de locais, galpóns, naves e outros usos similares, por m2 inspección técnica de edificacións) | 0,50 € |
Por demarcación de aliñacións e rasantes (ata 10 metros) | 50,00 € |
Por cada metro ou fracción que exceda dos 10 anteriores: | |
No solo urbano | 10,00 € |
No solo rústico | 5,00 € |
Cando para proceder á demarcación anterior houbese de procederse a unha tira de cordas as cantidades anteriores incrementaranse en | 50,00 € |
Por cada solicitude de expropiación forzosa en favor de particulares: | |
Ata 10 hectáreas | 0,03 €/m2 |
Exceso de 10 hectáreas en diante | 0,02 €/m2 |
No caso de que os terreos afectados pola expropiación estean edificados ou cultivados multiplicarase o resultado da aplicación das tarifas anteriores polo factor 1,40 | |
Satisfarase unha cota mínima de 559,54€, no caso de que a que resulte da liquidación practicada de acordo cos apartados anteriores sexa inferior á citada cifra. | |
Bastanteo de poderes e autorizacións | 6,56 € |
Inscricións no libro do rexistro de unións non matrimoniais | 13,10 € |
Por expediente para celebración de vodas civís no Concello | 196,64 € |
Por certificacións catastrais descritivas e gráficas referidas a un único inmoble, por documento expedido | 12,80 € |
Cando as certificacións descritivas ou gráficas incorporen, a petición do interesado, datos doutros inmobles, a contía incrementarase (por cada inmoble) en | 4,50 € |
Por certificacións catastrais literais, por cada documento expedido | 4,50 € |
Incrementarase por cada un dos bens inmobles a que se refira o documento en | 4,50 € |
Outro tipo de certificacións catastrais distintas ás anteriores | 4,50 € |
Formalización de contratos administrativos: | |
Cando o importe de adxudicación do contrato non exceda de 6.010,12 € | 50,51 € |
Polo exceso comprendido entre 6.010,13 € e 30.050,61 € | 0,38 % |
Polo exceso comprendido entre 30.050,62 € e 60.101,21 € | 0,13 % |
Polo exceso comprendido entre 60.101,22 € e 152.530,30 € | 0,08 % |
Polo exceso comprendido entre 152.530,31 € e 601.012,10 € | 0,04 % |
Polo que exceda de 601.012,11 € | 0,02 % |
Fotograma dixital en CD (Escala 1/3000, 1/8000 o 1/15000) | 21,15 € |
Cartografía dixital: | |
Folla calquera escala, CD | 5,29 € |
Folla calquera escala, papel | 5,29 € |
Colección completa de 1/500, papel ou CD | 100,49 € |
Colección completa de 1/1000, papel ou CD | 322,62 € |
Colección completa de 1/2000, papel ou CD | 195,69 € |
Colección completa de 1/5000, papel ou CD | 100,49 € |
Ortofotomapa a calquera escala | Folla + orto |
Formatos diferentes a dwg, por folla | 1,06 € |
Cd do Plan Xeral de Ordenación Municipal | 100,00 € |
Artigo 4. Devengo
Devéngase a taxa cando se inicie a actuación ou expediente. No caso de solicitude expresa, entenderase iniciada a actuación ou expediente no momento da súa presentación
Artigo 5. Xestión
A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. No momento da presentación da solicitude, o suxeito pasivo deberá acreditar o pagamento da autoliquidación.
No caso de non existencia de solicitude expresa, a administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional
Artigo 6.- Modulación da cuantía en función da capacidade económica.
Disposición final
A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Modificación BOP nº 236, 12/12/2012:
A modificación entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013, logo da publicación do texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia.