Noia - ORDENANZA Nº. 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE PISCINA MUNICIPAL.
Art. 1.º .-Concepto
No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 20.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art. 58 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.º .-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, as persoas físicas que utilicen ou se beneficien dos servicios da piscina municipal.
Artigo 3.º .-Contía.
1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será o fixado nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servicios ou actividades.
* Baños libres:
- Rapaces de ata 16 anos: 200 ptas./baño.
- Maiores de 16 anos: 350 ptas./baño.
* Baños libres con acceso ó exterior (época estival):
- Rapaces de ata 16 anos: 300 ptas./baño.
- Maiores de 16 anos: 450 ptas./baño
* Cursos:
* Rapaces (un módulo a semana)
- Iniciación: 950 ptas./mes.
- Perfeccionamento: 950 ptas./mes.
* Maiores (un módulo a semana)
- Iniciación: 1.250 ptas./mes.
- Perfeccionamento: 1.250 ptas./mes.
* Especiais (un módulo a semana)
- Preparación parto: 1.700 ptas./mes
- Bebés: 1.250 ptas./mes
* Escola de natación (tres módulos a semana)
- Non abonados: 3.000 ptas./mes
- Aboados: 1.500 ptas./mes
* Aboados:
- Aboado individual: 2.000 ptas./mes
- Inscrición: 1.000 ptas./mes
- Aboado familiar: 3.000 ptas./mes
- Inscrición: 1.500 ptas./mes
- Aboado só mañás: 1.000 ptas./mes
- Inscrición: 500 ptas./mes
* Abonados de verán:
- 15 días
- Rapaces de ata 16 anos: 2.000 ptas.
- Maiores de 16 anos: 2.800 ptas.
- 30 días
- Rapaces de ata 16 anos: 3.500 ptas.
- Maiores de 16 anos: 4.500 ptas.
- do 24 de xuño ata 16 de agosto
- Rapaces de ata 16 anos: 4.500 ptas.
- Maiores de 16 anos: 6.000 ptas.
* Cursos especiais para a terceira idade en horario de mañá:
- Un módulo semanal: 600 pts./mes
* Cursos especiais destinados a colexios públicos de EXB en horarios de mañá ou tardes:
- Un módulo semanal: 600 ptas./mes.
* Cursos de iniciación e perfeccionamento
- 5 módulos de un mes de iniciación:
. Abonados:
- Nenos: 2.300 ptas./mes
- Adultos: 3.000 ptas./mes
- Grupos organizados: 2.300 ptas./mes
. Non abonados:
- Nenos: 4.600 ptas./mes
- Adultos: 6.000 ptas./mes
- Grupos organizados: 3.750 ptas./mes
* Cursos de recuperación funcional (1 mes)
. Abonados:
- 1 módulo semanal durante 1 mes: 1.250 ptas.
- 2 módulos semanais durante 1 mes: 2.500 ptas.
- 3 módulos semanais durante 1 mes: 3.500 ptas.
- 4 módulos semanais durante 1 mes: 4.500 ptas.
. Non abonados:
- 1 módulo semanal durante 1 mes: 2.500 ptas.
- 2 módulos semanais durante 1 mes: 5.000 ptas.
- 3 módulos semanais durante 1 mes: 7.000 ptas.
- 4 módulos semanais durante 1 mes: 9.000 ptas.
* Masoterapia:
- Sesión de 15 minutos
- Abonados: 500 ptas.
- Non abonados: 1.000 ptas.
* Actividades físicas dirixidas polo monitor (aerobic, mantemento de adultos, terceira idade, ximnasia correctiva...)
. Abonados:
- Dúas horas a semana: 1.000 ptas.
- Trés horas a semana: 1.500 ptas.
. Non abonados:
- Dúas horas a semana: 2.000 ptas.
- Tres horas a semana: 3.000 ptas.
* Ximnasio de musculación:
. Abonados:
- Matriculación: 1.000 ptas.
. Non abonados:
- Entrada diaria: 300 ptas.
- Bono mensual: 2.000 ptas.
Considerase como tempo mínimo de duración dun baño: 45 minutos.
Para os efectos do sinalado no presente articulo, compre face-las seguintes aclaracións:
- Aboado individual: persoa que utiliza os servicios que se preste na piscina municipal no momento que estime oportuno, dentro do horario fixado e coa única limitación do disposto no decreto da Xunta de Regulamento de Piscinas.
- Aboado familiar: enténdese por aboado familiar a todo o colectivo inscrito no correspondente libro de familia (pai, nai e tódolos fillos sen limitación de número).
- Aboado de mañá: persoa que soamente poderá utiliza-los servicios da piscina municipal en horario de mañá, de luns a venres.
O Concello, dentro do seu departamento de ben-estar social ou por medio da asistenta social, disporá dunha praza gratuíta dentro de cada un dos cursiños que se convoque.
A empresa adxudicataria formalizará convenios de colaboración cos clubs de natación de Noia, fixando para os efectos a cuantía correspondente de utilización das instalacións con sometemento ó procedemento legalmente establecido.
Art. 4..º .-Obrigados ao pagamento
Art. 5.º .-Prestación do servicio.
En orde á prestación do servicio ós usuarios:
- O Concesionario ocuparase das relacións cos peticionarios/usuarios do servicio.
- O Concesionario confeccionará á súa conta e baixo as indicacións do Concello, as entradas e abonos, co texto, formato, numeración etc. que se determine, depositándose estas no Concello e subministrándolle periodicamente contra presentación de matrices das entradas ou abonos expedidos no período precedente.
En todo caso, os documentos de cobramento emitidos deberán conter, como mínimo os seguintes requisitos.
- Os abonos deberán especificar en que intervalo de idade se atopa o usuario, figurando o nome do mesmo e a data de expedición.
- Os recibos por baños individuais deberán conter unha numeración correlativa e estar divididos en "ticket" e matriz.
O concesionario deberá levar ó día un libro rexistro dos baños individuais e bonos vendidos que comprenda, como mínimo, a seguinte información: nome e apelidos, tipo de bono vendido, data de expedición de bono, data de finalización e importe.
A entrega dos documentos de cobramento na Tesourería Municipal dará lugar á expedición semestral do correspondente cargo de valores, e o simultáneo recoñecemento de dereitos na contabilidade municipal. Posteriormente e coa mesma periodicidade o concesionario presentará balance de xestión económica con indicación detallada, en modelo que, con posterioridade á adxudicación, aprobará o Sr.Alcalde, previo informe emitido pola intervención municipal, da información que xustifique os ingresos efectivamente realizados e que diariamente se ingresarán na conta restrinxida de recadación que no seu momento se determine.
Coa finalidade de evitar desequilibrios financeiros na explotación derivados da demora no pagamento no prezo do servicio polo proceso administrativo de xestión e fiscalización do gasto, sobre a conta restrinxida realizaranse abonos igualmente diarios polo importe da recadación con cargo a conta da empresa adxudicataria, tendo os mesmos a consideración de anticipos co correspondente reflexo contable na contabilidade extraorzamentaria.
Art. 6.-O cobramento da taxa
O concesionario confeccionará as entradas e abonos, tal como se explica no articulo precedente, estando obrigado a recada-lo importe dos mesmos polos medios que estime máis convenientes.
Nesta función, o concesionario actúa en calidade de xestor e recadador e, polo tanto, estará suxeito aos preceptos seguintes:
a) Terá que aceptar a función fiscalizadora da intervención de fondos municipais, exercida directamente ou por delegación, e facilitar tódolos documentos que lle sexan interesados, relacionados con actos da xestión económica implicados no servicio do que se trate
b) O concesionario estará obrigado a dar conta da mencionada recadación, sempre que o presidente da corporación, comisión de goberno ou o Pleno da corporación o esixan e, regularmente, nos quince primeiros días dos meses de xaneiro e xullo de cada ano, en relación co semestre anterior.
Cando se determine regulamentariamente ou se conceda aprazamento ou fraccionamento da taxa, a falla de ingreso dentro dos prazos fixados das cantidades aprazadas ou fraccionadas dará lugar ó inicio de procedemento de recadación en vía de constrinximento, sendo competencia exclusivamente municipal.