Noia - ORDENANZA Nº. 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE PISCINA MUNICIPAL.
Art. 1.º .-Concepto
No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 20.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art. 58 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.º .-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, as persoas físicas que utilicen ou se beneficien dos servicios da piscina municipal.
Artigo 3.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das instalacións da piscina municipal e a prestación de servicios de cursos.
Artigo 4.º .-Cota.
A determinación da contía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa, segundo as tarifas recollidas no artigo seguinte:
| Tarifa de prezos | |
| I.-ABONADOS | |
| Cota entrada (para todo tipo de abonados) | 25,5 euros |
| Abonado individual | 21,42 euros/mes |
| Abonado matinal (de luns a venres de 8.00 a 13.30 horas) | 14,28 euros/mes |
| Abonado familiar: (Titular) Cónxuxe Fillos (3-17 anos) | 21,42 euros/mes 4,08 euros/mes 4,08 euros/mes |
| Abonado mozo (10-25 anos) | 16,32 euros/mes |
| Abonado terceira idade | 16,32 euros/mes |
| II.-NON ABONADOS | |
| Maiores de 18 anos | 4,08 euros/día |
| Menores de 18 anos | 2,04 euros/día |
| III.-CURSOS | ||
| EVENTUAIS | ABONADOS | |
| Natación bebés (2 días/semana) | 15,30 euros/mes | 7,65 euros/mes |
| Natación infantil (2 días/semana) | 15,30 euros/mes | 7,65 euros/mes |
| Natación infantil (3 días/semana) | 19,12 euros/mes | 9,59 euros/mes |
| Iniciación nenos (2 días/semana) | 19,12 euros/mes | 9,59 euros/mes |
| Iniciación nenos (3 días/semana) | 25,50 euros/mes | 12,75 euros/mes |
| Escola iniciación competición (3 días/semán) | 25,50 euros/mes | 12,75 euros/mes |
| Iniciación adultos (2 días/semana) | 19,12 euros/mes | 9,59 euros/mes |
| Iniciación adultos (3 días/semana) | 25,50 euros/mes | 12,75 euros/mes |
| Perfeccionamento adultos (2 días/semana) | 19,12 euros/mes | 9,59 euros/mes |
| Perfeccionamento adultos(3 días/semana) | 25,50 euros/mes | 12,75 euros/mes |
| Natación embarazadas (2 días/semán) | 19,12 euros/mes | 9,59 euros/mes |
| Aquaróbic (2 días/semán) | 19,12 euros/mes | 9,59 euros/mes |
Artigo 5.º .-Normas de xestión
1.-A xestión e recadación da taxa encoméndase ó concesionario da instalación.
2.-Os usuarios que aboen a taxa pola entrada a piscina municipal terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
- Piscina climatizada.
- Sauna.
- Baño relax.
- Sala de musculación.
Artigo 6.º .-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento en que se solicita a utilización das instalacións da piscina municipal, mediante a entrada ao recinto. No caso dos cursos, dende o momento da solicitude de inscrición.
Artigo 7.º .-Infraccións e sancións tributarias.
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.