Noia - Ordenanza núm. 25, reguladora da Taxa pola prestación dos servicios da piscina municipal

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/12/2011 BOP Nº: 247
Aplicable dende: 29/12/2011

Art.1º- Concepto:

No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 20.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establede a taxa pola prestación do servizo da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas e ó previsto no art. 58 da citada Lei 39/88.

Art. 2º- Suxeito pasivo:

Son suxeitos pasivos desta taxa, as persoas físicas que utilicen ou se beneficien dos servizos da piscina municipal.

Art.3º.- Feito Imponible:

Constitúe o feito imponible desta taxa a utilización das instalacións da piscina municipal e a prestación de servizos de cursos.

Art.4º.- Cota:

A determinación da contía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa, segundo as tarifas recollidas no cadro seguinte:

I.- ABONADOS TARIFA ACTUALIZADA

Cota entrada(para todo de tipo abonados)

31,12

Abonado individual

26,17 €/ mes

Abonado familiar

(Titular)

26,17 €/mes

Cónxuxe

4,98 €/mes

Fillos(3-17 anos)

4,98 €/mes

Abonado xoven(10-25 anos)

19,94 €/mes

Abonado terceira idade

19,94 €/mes

 

II.- NON ABONADOS

Maiores de 18 anos

4,98 €/día

Menores de 18 anos

2,49 €/ día

III.-CURSOS

 

EVENTUAIS

ABONADOS

Natación bebés(2 días/semana)

18,71 €/mes

9,36 €/mes

Natación infantil(2 días/semana)

18,71 €/mes

9,36

Natación infantil(3 días/semana)

23,38 €/mes

11,72 €/mes

Iniciación nenos(2 días/semana)

23,38 €/mes

11,72 €/mes

Iniciación nenos(3 días/semana)

31,38 €/mes

15,59 €/mes

Escola iniciación competición(3 días/semana)

31,38 €/mes

15,59 €/mes

Iniciación adultos(2 días/semana)

23,38 €/mes

11,72 €/mes

Iniciación adultos(3 días/semana)

31,18 €/mes

15,59 €/mes

Perfeccionamento adultos(2 días/semana)

23,38 €/mes

11,72 €/mes

Perfeccionamento adultos(3 días/semana)

31,38 €/mes

15,59 €/mes

Natación embarazadas(2 días/semana)

23,38 €/mes

11,72 €/mes

Aquarobic(2 días/semana)

23,38 €/mes

11,72 €/mes

I.- ABONADOS

Abonado minusválido

Tarifa

10,51 €/mes

IV.-ACTIVIDADES ACUÁTICAS CON MONITOR

Actividades acuáticas con monitor

Tarifa

7,60 €/mes/usuario

Art.5º: Normas de xestión:

1.- A xestión e recadación da Taxa encomendase o concesionario da instalación.

2.-Os usuarios que abonen a taxa pola entrada a piscina municipal terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:

.Piscina climatizada.

.Sauna.

.Baño relax.

.Sala de musculación.

3.- Os usuarios abonados terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:

.Piscina climatizada.

.Sauna.

.Baño relax.

.Sala de musculación

.Actividades aeróbicas

4.- Aos efectos do bono de minusválido, considéranse persoas con minusvalía quenes teñan a condición legal en grado igual ou superior ao 33 por cen. Os interesados deberán aportar certificado da minusvalía emitido polo órgano competente.

5.- Aos efectos de aplicación da taxa, terán a condición de colectivos os colexios e asociacións. Os grupos serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo naqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos máis reducidos.

Art.6º.- Devengo:

Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento en que se solitia a utilización das instalacións da piscina municipal, mediante a entrada ao recinto. No caso dos cursos, dende o momento da solicitude de inscripción.

Art.7º.- Infraccións e sancións tributarias:

Para a calificación das infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artículos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final:

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.