Noia - ORDENANZA NÚMERO 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA PISCINA MUNICIPAL

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/10/2014 BOP Nº: 207
Aplicable dende: 30/10/2014

Art. 1.º.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos art.133.2 e 142 da Constitución e polo art.106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto nos art. 15 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación dos servizos da piscina municipal.

Art. 2.º.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o art.35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a utilización das instalacións ou a prestación dos servizos suxeitos a taxa.

Art. 3.º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das instalacións deportivas da piscina municipal e a prestación do servizo de cursos.

Art. 4.º.-Beneficios fiscais.

Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.

Art. 5.º.-Base Impoñible.

A determinación da contía que hai que pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa segundo as tarifas recollidas no artigo seguinte.

Art. 6.º.-Tarifas.

Concepto

Tarifa

I.-ABONADOS

Inscrición matrícula

¿ Primeira matrícula: 0 €

¿ Segunda o posteriores: 35,87 €

Abonado matinal(de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas)

20,08 €/mes

Abonado individual

30,13 €/mes

Abonado familiar(titular)

30,13 €/mes

Abonado familiar cónxuxe ou parella de feito

5,74 €/mes

Abonado xoven(16-25 anos)

19,90 €/mes

Abonado terceira idade

19,90 €/mes

Abonado minusvalido

11,90 €/mes

II.-NON ABONADOS

Maiores de dezaoito anos

4,90 €/dia

Menores de dezaoito anos

2,40 €/dia

Bono de dez maiores de dezaoito anos

39 €/bono

Bono de dez menores de dezaoito anos

19 €/bono

III.-CURSOS

Cursos grupos escolares e asociacións

8,60 €/mes

Resto de cursos

Abonado

Non abonado

Cursos natación un día/semana

5 €/mes

14 €/mes

Cursos natación dous días/semana

9,90 €/mes

26,90 €/mes

Cursos natación tres días/semana

12,90 €/mes

35,87 €/mes

IV.-PRESTACIÓN DE OUTROS SERVIZOS

Reserva de rúa sen monitor

15 €/hora

Reserva de rúa con monitor

30 €/hora

Dereito a utilización da instalacións con personal, domingos de 17 a 21 horas, co aforo máximo de 100 persoas

400 €/hora

Art. 7.º.-Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicite a prestación dos servizos regulados nesta ordenanza.

Art. 8.-Normas de xestión.

1. Os usuarios que abonen a taxa pola entrada á piscina municipal terán dereito a utilizar as instalacións seguintes:

● Piscina climatizada

● Sala de musculación

● Sauna e demais instalacións de relax

2. Os usuarios abonados terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:

● Piscina climatizada

● Sala de musculación

● Sauna e demais instalacións de relax

● Actividade ximnasia mantemento.

3. Aos efectos de bono de minusválido, considérase persoa con minusvalía quen teñan a condición legal en grado igual ao 33 por cen. Os interesados deberán aportar certificación de minusvalía emitida pola órgano competente da Comunidade Autónoma.

4. Os grupos escolares e asociacións serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo naqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos mais reducidos.

5. A efectos de determinar as inscricións que lles resulta de aplicación a cota cero, entenderase por primeira matricula aquela formalizada con posterioridade a entrada en vigor da modificación da presente ordenanza, devengándose a taxa para aquelas inscricións que constitúan segunda ou posteriores matriculas en relación a dita data.

6. A efectos de acreditar a relación de parella de feito para a cota reducida do abono familiar, deberá achegarse copia de inscrición no rexistro municipal de parellas de feito ou, calquer outra documentación que acredite a mesma.

7. A acreditación da relación matrimonial para o bono familiar realizarase achegando copia do libro de familia.

8. As liquidacións esixiranse mediante autoliquidación no suposto de altas como usuario da instalación ou na prestación do servizo e mediante recibo por padrón para a taxa vinculada os abonados nons períodos seguintes a alta.

9. As solicitudes para o dereito á utilización da instalacións con personal, domingos de 17 a 21 horas, co aforo máximo de 100 persoas, deberá presentarse cunha antelación mínima de quince días.

Art. 9.-Infraccións e sancións tributarias.

Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a elas corresponda en cada caso, estarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación e producirá efectos mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación.