Noia - ORDENANZA NÚMERO 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA PISCINA MUNICIPAL
Art. 1.º.-Concepto.
No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 20.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establede a taxa pola prestación do servizo da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas e ó previsto no art. 58 da citada Lei 39/88.
Art. 2.º.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas que utilicen ou se beneficien dos servizos da piscina municipal.
Art. 3.º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das instalacións da piscina municipal e a prestación de servizos de cursos.
Art. 4.º.-Cota.
A determinación da contía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa, segundo as tarifas recollidas no cadro seguinte:
Cota entrada (para todo de tipo abonados) | 35,87 € | ||
Abonado individual | 30,13 €/ mes | ||
Abonado matinal (de luns a venres de 8:00 a 13:30) | 20,08 €/mes | ||
Abonado familiar (titular) | | ||
| 30,13 €/mes | ||
Cónxuxe | 5,74 €/mes | ||
Fillos (3-17 anos) | 5,74 €/mes | ||
Abonado xoven (10-25 anos) | 22,95 €/mes | ||
Abonado terceira idade | 22,95 €/mes | ||
II.-NON ABONADOS | |||
Maiores de 18 anos | 5,74 €/día | ||
Menores de 18 anos | 2,87 €/ día | ||
III.-CURSOS | |||
| EVENTUAIS | ABONADOS | |
Natación bebés (2 días/semana) | 21,52 €/mes | 10,76 €/mes | |
Natación infantil (2 días/semana) | 151,52 €/mes | 10,76 €/mes | |
Natación infantil (3 días/semana) | 26,90 €/mes | 13,49 €/mes | |
Iniciación nenos (2 días/semana) | 26,90 €/mes | 13,49 €/mes | |
Iniciación nenos (3 días/semana) | 35,87 €/mes | 17,93 €/mes | |
Escola iniciación competición (3 días/semana) | 35,87 €/mes | 17,93 €/mes | |
Iniciación adultos (2 días/semana) | 26,90 €/mes | 13,49 €/mes | |
Iniciación adultos (3 días/semana) | 35,87 €/mes | 17,93 €/mes | |
Perfeccionamento adultos (2 días/semana) | 26,90 €/mes | 13,49 €/mes | |
Perfeccionamento adultos (3 días/semana) | 35,87 €/mes | 13,49 €/mes | |
Natación embarazadas (2 días/semana) | 26,90 €/mes | 13,49 €/mes | |
Aquarobic (2 días/semana) | 26,90 €/mes | 13,49 €/mes | |
|
|
| |
IV.-ABONADOS | |||
Abonado minusválido | Tarifa: 11,90 €/mes | ||
V.-ACTIVIDADES ACUÁTICAS CON MONITOR | |||
Actividades acuáticas con monitor | Tarifa: 8,60 €/mes | ||
Art. 5.º.-Normas de xestión.
1.-A xestión e recadación da taxa encomendase o concesionario da instalación.
2.-Os usuarios que abonen a taxa pola entrada á piscina municipal terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
Piscina climatizada.
Sauna.
Baño relax.
Sala de musculación.
3.-Os usuarios abonados terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
Piscina climatizada.
Sauna.
Baño relax.
Sala de musculación.
Actividades aeróbicas.
4.-Aos efectos do bono de minusválido, considéranse persoas con minusvalía quenes teñan a condición legal en grado igual ou superior ao 33 por cen. Os interesados deberán aportar certificado da minusvalía emitido polo órgano competente.
5.-Aos efectos de aplicación da taxa, terán a condición de colectivos os colexios e asociacións. Os grupos serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo naqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos máis reducidos.
Art. 6.º.-Devengo.
Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento en que se solicita a utilización das instalacións da piscina municipal, mediante a entrada ao recinto. No caso dos cursos, dende o momento da solicitude de inscripción.
Art. 7.º.-Infraccións e sancións tributarias.
Para a calificación das infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artículos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.