Noia - Ordenanza núm. 25, reguladora da Taxa pola prestación dos servicios da piscina municipal

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 15/10/2008 BOP Nº: 238
Aplicable dende: 15/10/2008

Art. 1.º .-Concepto

No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 20.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art. 58 da citada Lei 39/88.

Artigo 2.º .-Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos desta taxa, as persoas físicas que utilicen ou se beneficien dos servicios da piscina municipal.

Artigo 3.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das instalacións da piscina municipal e a prestación de servicios de cursos.

Artigo 4.º .-Cota.

A determinación da cuantía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa, según as tarifas recollidas no cadro seguinte:
I.- ABONADOS TARIFA ACTUALIZADA
Cota entrada(para todo de tipo abonados)
29,38
Abonado individual
24,68 mes
Abonado familiar
(Titular)
24,68 €/mes
Cónxugue
4,70 €/mes
Fillos(3-17 anos)
4,70 €/mes
Abonado xoven(10-25 anos)
18,80 €/mes
Abonado terceira idade
18,80 €/mes
Abonado minusválido
9,56 €/mes
 
II.- NON ABONADOS
Maiores de 18 anos
4,70 €/día
Menores de 18 anos
2,35 €/ día
III.-CURSOS
 
EVENTUAIS
ABONADOS
Natación bebés(2 días/semana)
17,63 €/mes
8,81 €/mes
Natación infantil(2 días/semana)
17,63 €/mes
8,81 €/mes
Natación infantil(3 días/semana)
22,03 €/mes
11,05 €/mes
Iniciación nenos(2 días/semana)
22,03 €/mes
11,05 €/mes
Iniciación nenos(3 días/semán)
29,38 €/mes
14,69 €/mes
Escola iniciación competición(3 días/semán)
29,38 €/mes
14,69 €/mes
Iniciación adultos(2 días/semán)
22,03 €/mes
11,05 €/mes
Iniciación adultos(3 días/semán)
29,38 €/mes
14,69 €/mes
Perfeccionamento adultos(2 días/semán)
22,03 €/mes
11,05 €/mes
Perfeccionamento adultos(3 días/semán)
29,38 €/mes
14,69 €/mes
Natación embarazadas(2 días/semán)
22,03 €/mes
11,05 €/mes
Aquarobic(2 días/semán)
22,03 €/mes
11,05 €/mes
IV.Actividades colectivos
 
Actividade acuática con monitor
6,90 €/mes/usuario

Artigo 5.º .-Normas de xestión

1.- A xestión e recadación da Taxa encomendase o concesionario da instalación.

2.-Os usuarios que abonen a taxa pola entrada a piscina municipal terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:

. Piscina climatizada.

. Sauna.

. Baño relax.

. Sala de musculación.

 

3.-Os usuarios abonados terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:

. Piscina climatizada.

. Sauna.

. Baño relax.

. Sala de musculación.

. Actividades aeróbicas

 

4.-Aos efectos do bono de minusválido, consideránse persoas con minusvalía quenes teñan esta condición legal en grado igual ou superior ao 33 por cen. Os interesados deberá aportar o certificado da minusvalía emitido polo órgano competente.

5. Aos efectos de aplicación da taxa, terán a condición de colectivos os colexios e asociacións. Os grupos serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo para aqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos máis reducidos.

Artigo 6.º .-Devengo

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento en que se solicita a utilización das instalacións da piscina municipal, mediante a entrada ao recinto. No caso dos cursos, dende o momento da solicitude de inscrición.

Artigo 7.º .-Infraccións e sancións tributarias.

Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor e comenzará a aplicarse o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.