Noia - ORDENANZA NÚMERO 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA PISCINA MUNICIPAL
Art. 1.º.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos art.133.2 e 142 da Constitución e polo art.106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto nos art.15 e 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación dos servizos da piscina municipal
Art. 2.º.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades á que se refire o art.35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a utilización das instalacións ou a prestación dos servizos suxeitos á taxa.
Art. 3.º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das instalacións deportivas da piscina municipal e a prestación do servizo de cursos.
Art. 4.º.-Beneficios fiscais.
Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.
Art. 5.º.-Base impoñible.
A determinación da contía que hai que pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa segundo as tarifas recollidas no artigo seguinte.
Art. 6.º.-Tarifas.
Concepto | Tarifa | |
I.-ABONADOS | ||
Inscrición matrícula | ¿ Primeira matricula: 0 € ¿ Segunda o posteriores: 35,87 € | |
Abonado matinal (de luns a venres de | 20,08 €/mes | |
Abonado individual | 30,13 €/mes | |
Abonado familiar (titular) | 30,13 €/mes | |
Abonado familiar cónxuxe ou parella de feito | 5,74 €/mes | |
Abonado xoven (10-25 anos) | 19,90 €/mes | |
Abonado terceira idade | 19,90 €/mes | |
Abonado minusválido | 11,90 €/mes | |
II.-NON ABONADOS | ||
Maiores de dezaoito anos | 4,90 €/día | |
Menores de dezaoito anos | 2,40 €/día | |
Bono de dez maiores de dezaoito anos | 39 €/bono | |
Bono de dez menores de dezaoito anos | 19 €/bono | |
III.-CURSOS | ||
Cursos grupos escolares e asociacións | 8,60 €/mes | |
Resto de cursos | Abonado | Non abonado |
Cursos natación dous días/semana | 9,90 €/mes | 26,90 €/mes |
Cursos natación tres días/semana | 12,90 €/mes | 35,87 €/mes |
Art. 7.º.-Devengo.
Devengase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicite a prestación dos servizos regulados nesta ordenanza.
Art. 8.-Normas de xestión.
1. Os usuarios que abonen a taxa pola entrada á piscina municipal terán dereito a utilizar as instalacións seguintes:
¿ Piscina climatizada
¿ Sauna
¿ Baño relax
¿ Sala de musculación
2. Os usuarios abonados terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
¿ Piscina climatizada
¿ Sauna
¿ Baño relax
¿ Sala de musculación
¿ Actividade ximnasia mantemento
3. Aos efectos de bono de minusvalido, considérase persoa con minusvalía quen teñan a condición legal en grado igual ao 33 por cen. Os interesados deberán aportar certificación de minusvalía emitida pola órgano competente.
4.-Os grupos escolares e asociacións serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo naqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos mais reducidos.
5. A efectos de determinar as inscricións que lles resulta de aplicación a cota cero, entenderase por primeira matrícula aquela formalizada con posterioridade a entrada en vigor da modificación da presente ordenanza, devengándose a taxa para aquelas inscricións que constitúan segunda ou posteriores matrículas en relación a dita data.
6. A efectos de acreditar a relación de parella de feito para a cota reducida do abono familiar, deberá achegarse copia de inscrición no rexistro municipal de parellas de feito ou, calquera outra documentación que acredite a mesma.
7. A acreditación da relación matrimonial para o bono familiar realizarase achegando copia do libro de familia.
8. As liquidacións esixiranse mediante autoliquidación no suposto de altas como usuario da instalación ou na prestación do servizo e mediante recibo por padrón para a taxa vinculada os abonados nons períodos seguintes a alta.
Art. 9.-Infraccións e sancións tributarias.
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a elas corresponda en cada caso, estarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación e producirá efectos mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación.