Noia - ORDENANZA NÚMERO 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA PISCINA MUNICIPAL
Art.1º-FUNDAMENTO E NATUREZA.
No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos art.15 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación dos servizos da piscina municipal.
Art. 2º- SUXEITO PASIVO.
Son suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o art. 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a utilización das instalacións ou a prestación dos servizos suxeitos á taxa.
Art.3º.- FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das instalacións deportivas da piscina municipal e a prestación do servizos de cursos.
Art.4º.-BENEFICIOS FISCAIS.
Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.
Art.5º.-BASE IMPOÑIBLE.
A determinación da contía que hai que pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa segundo as tarifas recollidas no artigo seguinte.
Art.6º.-TARIFAS
I.-ABONOS.
CONCEPTO | TARIFA |
Inscrición matrícula | Primeira matrícula: 0 € Segunda ou posteriores: 35,87 € |
Abonado matinal (de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas) Na tempada de verán, o horario do bono matinal será de 8:00 a 14:00 horas. | 20,08 €/mes |
Abono individual | 30,13 €/mes |
Abono familiar (titular) | 30,13 €/mes |
Abono familiar cónxuxe ou parella de feito | 5,74 €/mes |
Abono mocidade(16-25 anos) | 19,90 €/mes |
Abono terceira idade | 19,90 €/mes |
Abono discapacidade | 11,90 €/mes |
II.-NON ABONADOS:
CONCEPTO | TARIFA |
Maiores de dezaoito anos | 4,90 €/día |
Menores de dezaoito anos | 2,40 €/día |
Bono de dez, maiores de dezaoito anos | 39 €/bono |
Bono de dez, menores de dezaoito anos | 19 €/bono |
III.-CURSOS:
CONCEPTO | TARIFA |
Cursos grupos escolares e asociacións | 8,60 €/mes |
Curso natación un día/semana-Abonado | 5 €/mes |
Curso natación un día/semana-Non abonado | 14 €/mes |
Curso natación dous días/semana-Abonado | 9,90 €/mes |
Curso natación dous días/semana- Non abonado | 26,90 €/mes |
Curso natación tres días/semana-Abonado | 12,90 €/mes |
Curso natación tres días/semana-Non abonado | 35,87 €/mes |
IV.-PRESTACIÓN DE OUTROS SERVIZOS:
CONCEPTO | TARIFA |
Reserva de rúa sen monitor | 15 €/hora |
Reserva de rúa con monitor | 30 €/hora |
Dereito á utilización da instalación con persoal, domingos de 17:00 a 21:00 horas (aforo máximo de 100 persoas) | 400 €/hora |
Art.7º.-DEVENGO.
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicite a prestación dos servizos regulados esta ordenanza.
Art.8º.- NORMAS DE XESTIÓN.
1.Os usuarios que abonen a taxa pola entrada á piscina municipal terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
.Piscina climatizada.
.Sala de musculación.
.Sauna e demais instalacións de relax.
2. Os usuarios abonados terán dereito a utilizar:
.Piscina climatizada.
.Sala de musculación
.Sauna e demais instalacións de relax.
.Actividades de ximnasia de mantemento.
3.- Aos efectos do bono de discapacidade, considéranse persoas con discapacidade quen teña recoñecida legalmente dita condición nun grao igual ou superior ao 33 %. As persoas interesadas deberán achegar certificado da discapacidade emitido polo órgano competente.
4.-Os grupos escolares e asociacións serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo naqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos máis reducidos.
5.- A efectos de determinar as inscricións ás que lles resulta aplicable a cota cero, entenderase por primeira matrícula aquela formalizada con posterioridade a entrada e vigor da modificación da presente ordenanza, devengándose a taxa para aquelas inscricións que constitúan segunda ou posteriores matrículas en relación a dita data.
6.-Para acreditar a relación de parella de feito para a cota reducida do abono familiar deberá achegarse copia da inscrición no Rexistro Municipal de Parellas de Feito ou calquera outra documentación que acredite a mesma.
7.- A acreditación da relación matrimonial para o bono familiar realizarase achegando copia do libro de familia.
8.-As liquidacións esixiranse mediante autoliquidación no suposto de altas como usuario da instalación ou na prestación do servizo e mediante recibo por padrón para a taxa vinculada os abonados nos períodos seguintes a alta.
9.- As solicitudes para o dereito á utilización da instalación con persoal, domingos de 17:00 a 21:00 horas, co aforo máximo de 100 persoas, deberán presentarse cunha antelación mínima de quince días.
10.- No abono familiar incluiranse os fillos e menores a cargo do titular deste bono ou do seu cónxuxe ata que cumpran os 18 anos de idad
Art.9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a elas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL:
A modificación da ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse a partir do primeiro día do mes seguinte a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.