Noia - ORDENANZA Nº. 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE PISCINA MUNICIPAL.
Art. 1.º .-Concepto
No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 20.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art. 58 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.º .-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, as persoas físicas que utilicen ou se beneficien dos servicios da piscina municipal.
Artigo 3.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das instalacións da piscina municipal e a prestación de servicios de cursos.
Artigo 4.º .-Cota.
A determinación da cuantía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa, según as tarifas recollidas no cadro seguinte:
| CONCEPTO | |
| Cota entrada | 26,40 |
| Abonado individual | 22,18 |
| Abonado matinal | 14,78 |
| Abonado familiar (titular) | 22,18 |
| Abonado familiar (cónxuxe) | 4,22 |
| Abonado familiar (fillos entre 3-17 anos) | 4,22 |
| Abonado xove (10-25 anos) | 16,90 |
| Abonado terceira idade | 16,90 |
| CURSOS | |
| Natación bebés | 7,92 |
| Natación infantil (2 días) | 7,92 |
| Natación infantil (3 días) | 9,93 |
| Iniciación nenos (2 días) | 9,93 |
| Iniciación nenos (3 días) | 13,20 |
| Escola natación competición | 13,20 |
| Iniciación adultos (2 días) | 9,93 |
| Iniciación adultos (3 días) | 13,20 |
| Perfeccionamento adultos (2 días) | 9,93 |
| Perfeccionamento adultos (3 días) | 13,20 |
| Natación embarazadas | 9,93 |
| Aquarobic | 9,93 |
| Aeróbic infantil | 9,93 |
| ACTIVIDADES PARA COLECTIVOS | |
| Actividade colectivos acuática con monitor (1 sesión/semana) | 6,5 |
| ACTIVIDADES PARA NON ABONADOS | |
| Entrada adulto | 4,22 |
| Entrada neno | 2,11 |
| Natación bebés | 15,84 |
| Natación infantil (2 días) | 15,84 |
| Natación infantil (3 días) | 19,80 |
| Iniciación nenos (2 días) | 19,80 |
| Iniciación nenos (3 días) | 0,26 |
| Escola natación competición | 26,40 |
| Iniciación adultos (2 días) | 19,80 |
| Iniciación adultos (3 días) | 26,40 |
| Perfeccionamento adultos (2 días) | 19,80 |
| Perfeccionamento adultos (3 días) | 26,40 |
| Natación embarazadas | 19,80 |
| Aquarobic | 19,80 |
Artigo 5.º .-Normas de xestión
1.- A xestión e recadación da Taxa encomendase o concesionario da instalación.
2.-Os usuarios que abonen a taxa pola entrada a piscina municipal terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
. Piscina climatizada.
. Sauna.
. Baño relax.
. Sala de musculación.
3.-Os usuarios abonados terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
. Piscina climatizada.
. Sauna.
. Baño relax.
. Sala de musculación.
. Actividades aeróbicas
4.-Aos efectos do bono de minusválido, consideránse persoas con minusvalía quenes teñan esta condición legal en grado igual ou superior ao 33 por cen. Os interesados deberá aportar o certificado da minusvalía emitido polo órgano competente.
5. Aos efectos de aplicación da taxa, terán a condición de colectivos os colexios e asociacións. Os grupos serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo para aqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos máis reducidos.
Artigo 6.º .-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento en que se solicita a utilización das instalacións da piscina municipal, mediante a entrada ao recinto. No caso dos cursos, dende o momento da solicitude de inscrición.
Artigo 7.º .-Infraccións e sancións tributarias.
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.