Noia - ORDENANZA Nº. 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE PISCINA MUNICIPAL.
Art. 1.º .-Concepto
No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 20.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art. 58 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.º .-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, as persoas físicas que utilicen ou se beneficien dos servicios da piscina municipal.
Artigo 3.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das instalacións da piscina municipal e a prestación de servicios de cursos.
Artigo 4.º .-Cota.
determinación da cuantía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa, según as tarifas recollidas no artículo seguinte:
| Tarifa de precios | ||
| I.- ABONADOS | ||
| Cota entrada(para todo de tipo abonados) | 27,43 | |
| Abonado individual | 23,04 euros/mes | |
| Abonado familiar | ||
| (Titular) | 23,04 euros/mes | |
| Cónxugue | 4,39 euros/mes | |
| Fillos(3-17 anos) | 4,39 euros/mes | |
| Abonado minusválido | 9,22 euros/mes | |
| Abonado xoven(10-25 anos) | 17,55 euros/mes | |
| Abonado terceira idade | 17,55 euros/mes | |
| II.- NON ABONADOS | ||
| Maiores de 18 anos | 4,39 euros/día | |
| Menores de 18 anos | 2,19 euros/ día | |
| III.-CURSOS | ||
| EVENTUAIS | ABONADOS | |
| Natación bebés(2 días/semana) | 16,46 euros/mes | 8,23 euros/mes |
| Natación infantil(2 días/semana) | 16,46 euros/mes | 8,23 euros/mes |
| Natación infantil(3 días/semana) | 20,57 euros/mes | 10,31 euros/mes |
| Iniciación nenos(2 días/semana) | 20,57 euros/mes | 10,31 euros/mes |
| Iniciación nenos(3 días/semán) | 27,43 euros/mes | 13,71 euros/mes |
| Escola iniciación competición(3 días/semán) | 27,43 euros/mes | 13,71 euros/mes |
| Iniciación adultos(2 días/semán) | 20,57 euros/mes | 10,31 euros/mes |
| ºIniciación adultos(3 días/semán) | 27,43 euros/mes | 13,71 euros/mes |
| Perfeccionamento adultos(2 días/semán) | 20,57 euros/mes | 10,31 euros/mes |
| Perfeccionamento adultos(3 días/semán) | 27,43 euros/mes | 13,71 euros/mes |
| Natación embarazadas(2 días/semán) | 20,57 euros/mes | 10,31 euros/mes |
| Aquarobic(2 días/semán) | 20,57 euros/mes | 10,31 euros/mes |
| IV.Actividades colectivos | ||
| Actividade acuática con monitor | 6,66 euros/mes/usuario | |
Artigo 5.º .-Normas de xestión
1.- A xestión e recadación da Taxa encomendase o concesionario da instalación.
2.-Os usuarios que abonen a taxa pola entrada a piscina municipal terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
. Piscina climatizada.
. Sauna.
. Baño relax.
. Sala de musculación.
3.-Os usuarios abonados terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
. Piscina climatizada.
. Sauna.
. Baño relax.
. Sala de musculación.
. Actividades aeróbicas
4.-Aos efectos do bono de minusválido, consideránse persoas con minusvalía quenes teñan esta condición legal en grado igual ou superior ao 33 por cen. Os interesados deberá aportar o certificado da minusvalía emitido polo órgano competente.
5. Aos efectos de aplicación da taxa, terán a condición de colectivos os colexios e asociacións. Os grupos serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo para aqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos máis reducidos.
Artigo 6.º .-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento en que se solicita a utilización das instalacións da piscina municipal, mediante a entrada ao recinto. No caso dos cursos, dende o momento da solicitude de inscrición.
Artigo 7.º .-Infraccións e sancións tributarias.
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.