Noia - ORDENANZA NÚMERO 25, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA PISCINA MUNICIPAL
Art.1º- Fundamento e natureza.
Art. 2º- Suxeito pasivo
Art.3º.- Feito impoñible
Art.4º.-Beneficios fiscais
Art.5º.-Base impoñible
Art.6º.-Tarifas
I.-ABONADOS:
CONCEPTO | TARIFA | |
INSCRICIÓN MATRÍCULA | Primeira matrícula: 0€ | Segunda ou posteriores: 35,87 € |
Abonado matinal (de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas) | 20,08 €/mes | |
Abonado individual | 30,13 €/mes | |
Abonado familiar(titular) | 30,13 €/mes | |
Abonado familiar cónxuxe ou parella de feito | 5,74 €/mes | |
Abonado xoven (16-25 anos) | 19,90 €/mes | |
Abonado terceira idade | 19,90 €/mes | |
Abonado minusválido | 11,90 €/mes | |
II.-NON ABONADOS:
CONCEPTO | TARIFA |
Maiores de dezaoito anos | 4,90 €/día |
Menores de dezaoito anos | 2,40 €/día |
Bono de dez, maiores de dezaoito anos | 39 €/bono |
Bono de dez, menores de dezaoito anos | 19 €/bono |
III.-CURSOS:
Cursos grupos escolares e asociacións | 8,60 €/mes | |
Resto de cursos | Abonado | Non abonado |
Curso natación un día/semana | 5 €/mes | 14 €/mes |
Curso natación dous días/semana | 9,90 €/mes | 26,90 €/mes |
Curso natación tres días/semana | 12,90 €/mes | 35,87 €/mes |
IV.-PRESTACIÓN DE OUTROS SERVIZOS:
Reserva de rúa sen monitor | 15 €/hora |
Reserva de rúa con monitor | 30 €/hora |
Dereito á utilización da instalación con persoal, domingos de 17 a 21 horas, co aforo máximo de 100 persoas | 400 €/hora |
Art.7º.-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicite a prestación dos servizos regulados esta ordenanza.
Art.8º.- Normas de xestión
1.-Os usuarios que abonen a taxa pola entrada á piscina municipal terán dereito a utilizar as instalacións seguintes:
.Piscina climatizada.
.Sala de musculación.
.Sauna e demais instalacións de relax.
2.- Os usuarios abonados terán dereito a utilizar as seguintes instalacións:
.Piscina climatizada.
.Sala de musculación
.Sauna e demais instalacións de relax.
.Actividades ximnasia mantemento.
3.- Aos efectos do bono de minusválido, considéranse persoas con minusvalía quen teña a condición legal en grado igual ou superior ao 33 por cen. Os interesados deberán aportar certificado da discapacidade emitida polo órgano competente da Comunidade autónoma.
4.-Os grupos escolares e asociacións serán como mínimo de dez persoas para poder levarse a cabo a actividade, salvo naqueles casos que, polas características do grupo, deban ser grupos máis reducidos.
5.- A efectos de determinar as inscricións que lles resulta de aplicación a cota cero, entenderase por primeira matrícula aquela formalizada con posterioridade a entrada e vigor da modificación da presente ordenanza, devengándose a taxa para aquelas inscricións que constitúan segunda ou posteriores matrículas en relación a dita data.
6.-A efectos de acreditar a relación de parella de feito para a cota reducida do abono familiar deberá achegarse copia da inscrición no rexistro municipal de parellas de feito ou, calquera outra documentación que acredite a mesma.
7.- A acreditación da relación matrimonial para o bono familiar realizarase achegando copia do libro de familia.
8.-As liquidacións esixiranse mediante autoliquidación no suposto de altas como usuario da instalación ou na prestación do servizo e mediante recibo por padrón para a taxa vinculada os abonados nos períodos seguintes a alta.
9.- As solicitudes para o dereito á utilización da instalación con persoal, domingos de 17 a 21 horas, co aforo máximo de 100 persoas, deberá presentarse cunha antelación mínima de quince días.
10.- No abono familiar incluiranse os fillos e menores a cargo do titular deste bono ou do seu cónxuxe ata que cumpran os 18 anos de idade.
Art.9.- Infraccións e sancións tributarias
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a elas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA
Mentres dure a situación de crise sanitaria provocada pola COVID-19 e ata seis meses despois de que as autoridades competentes determinen a superación da pandemia:
O artigo 6º. Tarifas. Dentro das tarifas o apartado de Abonados e dentro deste Inscrición matrícula Segundas ou posteriores: 35,87 euros,
Non será de aplicación para os abonados da piscina municipal que causaran baixa a partir do 13 de marzo de 2020 cando soliciten a alta no mesmo abono do que eran usuarios antes de causar baixa.